CRTVG

Buscar

A Denominación de Orixe Rías Baixas prevé unha boa vendima

Publicado o 05/08/2020 21:19

A vendima será este ano atípica por varios motivos: un, porque vén adiantada, e outro, porque virá marcada polos protocolos de hixiene ante a COVID-19. 

A Denominación de Orixe Rías Baixas manexa, malia todo, boas perspectivas. O consello Regulador prevé recoller uns 37 millóns e medio de quilos de uva o que supón un 15% máis ca na vendima do 2019.

Unha vendima que ademais comezará antes tanto aquí coma nas outras 4 denominacións de orixe galegas que calculan se adiantar á última semana de agosto ou á primeira de setembro. 

O Consello Regular fala de máis uva e de boa calidade porque aínda que a campaña comezou complicada a nivel fitosanitario debido a que choveu moito, as temperaturas altas do úlitmo mes solucionaron eses problemas. 

Agora, nestas últimas semanas antes do comezo da vendima, din os viticultores que necesitan boas temperaturas e algo de choiva que axude a engordar e hidratar a uva. 

A vendima será atípica pola COVID-19 e nas bodegas últiman os protocolos de hixene que garantan a seguridade dos milleiros de temporeiros que se contratan para traballar en cada campaña e que terán que traballan mantendo a distancia, usando máscara e extremando a hixiene.  

Nas 5 denominación de orixe galegas conta este ano cunha vendima adiantada. Os viticultores traballan coa previsión de comezar a recoller a uva na úlitma semana de agosto ou na primeira de setembro. 

A COVID-19 marcará as condicións de traballo dos milleiros de temporeiros que este ano traballarán nas viñas con máscara e gardando a distancia. 

As adegas ultiman agora os protocolos santiarios que garantan unha vendima segura. 180 bodegas e 6.000 viticultores forman parte do Consello Regulador das Rías Baixas.

 

Noticias web

05/08/2020