CRTVG

Buscar

A demanda de roscóns, allea á pandemia

Publicado o 05/01/2021 19:32
Colas nas confeiterías para comprar o tradicional roscón de Reis

Hoxe quen queira unha rosca de Reis xa sabe o que lle agarda. "Eu levo 1 hora", di un home. "Eu case dúas horas", engade unha moza.

A espera require paciencia e un bo abrigo. Nin o frío nin a pandemia incide na demanda de roscóns.
"Vai ben porque como estamos separados enseguida se move", comenta unha muller.

A cola avanza pero non desaparece. A ringleira ocupa ducias de metros durante todo o día. Para moitos, a rosca das mellores confeiterías é unha tradición máis do Nadal. Hai quen leva para toda a familia... "Eu levo vindo aquí conrenta anos e ten moita diferencia co resto está moito máis rica", afirma un home. "É un roscón natural con materias primas de primeira calidade. A xente teno en conta e por iso o quere levar. Eu son a terceira xeración. Empezou miña avóa cos fillos. Levamos 58 anos", conta Silvia Gómez, da Pastelaría Glaccé 

Na confeitería de Silvia levan un mes vendendo roscas. Uns conxélana; a outros non lles dura máis aló desta noite de Reis.
 

Noticias web

05/01/2021