CRTVG

Buscar

A demanda de prazas na FP aumenta un 9,5 % para o próximo curso

Publicado o 15/07/2021 12:22
A demanda de prazas na FP aumenta un 9,5 % para o próximo curso

A Formación Profesional ten cada vez maior demanda entre o alumnado. A solicitude de prazas para o próximo curso aumentou case un 10 %. 

Este aumento de matrículas afecta a todas as modalidades formativas, nos ciclos medios e superiores. A subida é especialmente notable na FP dual de grao medio, cun aumento de solicitudes de máis do 37 %, e tamén nos cursos de especialización, os másteres, onde a demanda se cuadruplicou nun ano e pasou de 102 a 435.

Noticias web

15/07/2021