CRTVG

Buscar

A demanda de axuda en Cáritas medrou un 43% en Galicia por mor do virus

Publicado o 10/06/2020 15:19

As peticións de axuda a Cáritas medraron un 43% en Galicia desde que comezou a pandemia. O director de Cáritas Diocesana da Diócese de Santiago advirte da volta de antigos usuarios. E, fronte ao incremento da demanda, lamenta a baixada de ingresos. Teme os efectos do repartimento do IRPF aprobado polo Goberno central.

"Non pode subir un mínimo dun 11% a moitas autonomías que estaban como a de Galicia e a Galicia un 0,9%. Pero aí xa entramos en política e eu son de política para os pobres. A min o que me preocupa é que á xente que está sufrindo non se lle poidan dar respostas", di Anuncio Mouriño.

 

Noticias web

10/06/2020