CRTVG

Buscar

A delegada da Xunta en Vigo pídelles aos accionistas de Barreras que lideren unha solución para o estaleiro

Publicado o 19/11/2019 14:40

Unha representación do comité de empresa de Barreras mantivo unha xuntanza coa delegada da Xunta de Galicia en Vigo. 

Corina Porro dixo que compartía a lóxica preocupación dos traballadores e recordou a liña de axudas ás empresas auxiliares, por valor de 18 millóns de euros, que vén de anunciar o goberno galego. Con todo, instou os accionistas a chegar a un acordo que asegure os contratos que o estaleiro ten en vigor.

Este serán prosegue en Madrid a rolda de xuntanzas entre propietarios, aseguradoras, Xunta, Pymar e Ministerio de Industria.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

19/11/2019