Galicia afianza a irmandade con Lorient, sinalizando alí o Camiño de Santiago
O ano pasado, preto de dez mil franceses fixeron o Camiño de Santiago, dando conta das raíces xacobeas que ten o país veciño. É só un dos motivos polos que se afianza a irmandade coa cidade celta de Lorient, a través dun símbolo que sinaliza a ruta de peregrinaxe a 1.979 quilómetros, e que inaugurou o conselleiro de Cultura co alcalde desta localidade.
Este ano, Galicia é o territorio convidado no Festival Intercéltico de Lorient. 3.500 persoas de todas as nacionalidades celtas participaron no Gran Desfile, e á cabeza, un abandeirado de Santa Comba.
70 agrupacións de Irlanda, Escocia, Gales ou Asturias participaron neste evento que durou case catro horas. Para a banda de Silleda e a banda de gaitas de Forcarei, un premio a moitos anos de traballo.
Música, gastronomía e turismo promociónanse estes días nesta cita celta internacional onde a nosa comunidade busca tamén darlle promoción ao vindeiro Xacobeo 2021.