CRTVG

Buscar

A Delegación do Goberno investiga se o acto de clausura do Ifema cumpriu coas normas do estado de alarma

Publicado o 01/05/2020 21:31
A Delegación do Goberno investiga se o acto de clausura do Ifema cumpriu coas normas do estado de alarma


 A Delegación do Goberno en Madrid vai abrir unha investigación para comprobar se se cumpriron as normas de seguridade establecidas no real decreto do estado de alarma no acto de clausura do hospital de campaña de Ifema. Tratan de esclarecer se as numerosas persoas que asistiron ao evento público gardaron a distancia de seguridade recomendada para evitar a propagación da COVID-19, entre outros aspectos. O recinto foi pechado este sábado, tras permanecer 40 días aberto para aliviar a presión asistencial pola COVID-19, nun acto político presidido pola presidenta da Comunidad de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e que a oposición en bloque cualificou de "espectáculo"
 

 

 

Noticias web

01/05/2020