CRTVG

Buscar

O Goberno prohibe todas as manifestacións do 8M en Madrid

Publicado o 04/03/2021 10:22

O Goberno prohibe todas as manifestacións e concentracións polo 8M en Madrid. Anunciouno esta mañá o delegado do Goberno na comunidade. Di que o fai por motivos de saúde pública.

Había convocadas un cento de manifestacións na capital de España, setenta para conmemorar o día da muller, que concentrarían unhas 60.000 persoas entre o domingo 7 e o luns 8 de marzo.

Para José Manuel Franco "o lóxico, o responsable, é prohibir estas manifestacións. As reaccións posteriores e as críticas poden xurdir pero estamos dispostos, loxicamente, a aturalas".

As críticas xa chegaron, e dende dentro do propio Goberno. A ministra de Igualdade Irene Montero di que cumprirá coas instrucións de Sanidade pero considera que esta medida agocha un intento de "criminalizar" o feminismo.