CRTVG

Buscar

A defensa volverá pedir a liberdade do mozo que colleu o teléfono de Samuel

Publicado o 06/08/2021 15:04

No caso Samuel, a defensa duns dos detidos volverá solicitar, a próxima semana, a posta en liberdade do mozo acusado de coller o móbil de Samuel durante a malleira. A Audiencia Provincial confirmou a prisión provisional, comunicada e sen fianza para el. Os maxistrados consideran que hai indicios de que tamén participou na agresión e cometeu un delito de homicidio.

O tribunal mantén que a medida, prisión provisional comunicada e sen fianza, está xustificada porque o acusado pode tratar de obstruír a investigación e influír sobre as testemuñas. Así mesmo, a Audiencia coruñesa tamén mantén o internamento, en réxime pechado, dos dous menores detidos. Un deles estaba en liberdade vixiada cando se produciu a malleira que acabou coa vida de Samuel.

Noticias web

06/08/2021