CRTVG

Buscar

A cidade da Coruña convida a reflexionar sobre a conservación dos océanos

Publicado o 25/09/2021 13:01

Na Coruña estase a celebrar o Festival Mar de Mares que este ano coincide co inicio da Década dos Océanos, marcada pola ONU para impulsar o estudo e a conservación dos mares. Con este obxectivo, a cidade acolle ata o domingo actividades de ciencia, gastronomía, música, activismo e fotografía. 

A brasileira Bárbara Veiga dedica a súa vida á protección dos océanos. Loitou polas baleas na Antártida, foi arrestada en varias ocasións e mesmo atacada polos piratas en Somalia. Agora, a activista medioambiental, fotógrafa e documentalista trae á Coruña a súa obra fotográfica.

A orquestra ReuSónica Trío emprega multitude de instrumentos realizados por eles mesmos a partir da reutilización de refugallos recollidos das augas mariñas. Teñen, entre outros, un feito cunha táboa de surf e outro cunha cadeira que soa coma unha frauta.

Estes son só algúns dos exemplos cos que o certame convida a reflexionar sobre o problema da contaminación dos mares e dos océanos.

 

Noticias web

25/09/2021