CRTVG

Buscar

A defensa pide que liberen un veciño de Maside acusado de atacar a muller cun machete mentres agarda o xuízo

Publicado o 26/05/2020 13:34

A defensa dun veciño de Maside acusado de atacar a súa muller cun machete pide a súa posta en liberdade, cando menos ata que se celebre o xuízo do caso.

O home, de 48 anos e orixe dominicana, leva no cárcere do Pereiro de Aguiar desde a súa detención por estes feitos en agosto de 2018. Empregou presuntamente un machete para agredila no aserradoiro en que traballaban os dous. A parella estaba daquela en trámites de separación.

A Audiencia Provincial de Ourense decidirá nos próximos días se atende a peticion da defensa, á que se opoñen tanto o avogado da vítima como a fiscalía.

Noticias web

26/05/2020