CRTVG

Buscar

A defensa de Pablo Ibar anuncia que recorrerá a condena a cadea perpetua

Publicado o 23/05/2019 12:44

O hispanoestadounidense Pablo Ibar consegue evitar a pena de morte e foi sentenciado a cadea perpetua polo xurado popular que o condenou en xaneiro pasado por un triplo asasinato ocorrido en 1994 na Florida.

A defensa xa anunciou que recorrerá contra a sentenza para forzar un novo xuízo coa esperanza de poder demostrar a súa inocencia.

Pablo Ibar non regresará ao corredor da morte, onde pasou 16 dos 25 anos que leva en prisión por un triplo asasinato ocorrido na Florida en 1994.

Os seus familiares presentes na sala celebraron a decisión do xurado popular que se decidiu pola cadea perpetua.

"O xuízo non saíu ben porque saíu culpable, pero polo menos a sentenza saíu a favor. Así que polo menos non é pena de morte".

A defensa xa anunciou que recorrerá contra a sentenza para tratar de demostrar a inocencia de Pablo, pero a acusación non poderá pedir de novo a pena capital.

A máxima preocupación da familia agora é saber a que penal será trasladado o preso.

"Non, aquí non vai estar. Non, non... hai outros cárceres que son para iso. Para sentenza de vida creo que hai outros catro cárceres na Florida. Ou sexa que algún deles, aínda non sabemos onde".

Segundo os avogados de Ibar, a apelación basearase nunha serie de decisións do xuíz e na interpretación de parte das probas por parte do xurado.

Noticias web

23/05/2019