CRTVG

Buscar

A defensa de Miguel Rosendo, dos Miguelianos, vai pedir a súa posta en liberdade

Publicado o 16/05/2018 21:16

A defensa de Miguel Rosendo, o líder da asociación relixiosa dos Miguelianos, vai pedir a súa posta en liberdade condicional. Para iso, van presentar dous informes. Un dun detective desacreditanto o informe no que se baseou a denuncia. Outro psicolóxico de catro integrantes no que queda claro o acoso que sufriron pero do que non é responsable Miguel Rosendo.

Dous informes que, para a defensa, dan a volta a todo o proceso. Un realizado por unha axencia de detectives que desacredita o informe inicial e que foi a chave para comezar a investigación.

Outro informe encargado a un psicólogo. Tras analizar catro integrantes da orde, conclúe que presentan un cadro de strees postraumático, con secuelas nunca superadas. 

A defensa de Miguel Rosendo xa remitiu toda esta documentación á Audiencia Provincial de Pontevedra para pedir a liberdade condicional de Rosendo. Leva en prisión dende novembro do 2014.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018