CRTVG

Buscar

A defensa de Rosendo pide a prescrición de varios delitos dos que o acusan

Publicado o 12/07/2018 14:14

A defensa de Miguel Rosendo solicitou hoxe nunha vista a prescrición de varios delitos dos que o acusan, entre eles algún contra a integridade sexual. Hoxe compareceu coa defensa tamén de varias consagradas miguelianas e aseguraron que pedirán que o Consello Xeral do Poder Xudicial revise todo o procedemento e que se cambie o fiscal do caso. Miguel Rosendo leva tres anos e sete meses en prisión provisional.

A prescrición de varios delitos dos que está acusado Miguel Rosendo Feliciano da Silva foi defendida este xoves nunha vista en Pontevedra. O seu avogado e a representante de varias consagradas miguelianas insitiron en que reclamarán o cambio de fiscal no caso e tamén que o Consello Xeral do Poder Xudicial revise todo o procedemento. Consideran que podería ser declarado nulo por cuestións formais.

Miguel Rosendo leva en prisión provisional tres anos e sete meses, polo que o xuízo se deberá celebrar antes do mes de decembro. Está acusado de 21 delitos, polos que piden para el ata 66 anos de cárcere.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/07/2018