A defensa de César Adrio recorre a sentenza que o condenou a 30 anos
Publicado o 03/03/2020 12:06
A defensa do condenado polo crime de Ana Enjamio, César Adrio, recorreu a sentenza e reitera a súa inocencia. A Sección Quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra impuxéralle unha pena de 30 anos de prisión. Na argumentación Adrio nega a súa participación nos feitos e a defensa insiste no concepto de dúbida razoable.
Pola súa banda, o avogado da familia da moza confirmou a súa intención de impugnar o recurso.
Ana Enjamio morreu como consecuencia das máis de 30 coiteladas que recibiu no portal da súa casa, cando volvía dunha cea de Nadal da empresa en que traballaba.