CRTVG

Buscar

A declaración de novas testemuñas reactiva o caso do crime de Salceda

Publicado o 08/08/2019 14:07

A titular do Xulgado número 1 do Porriño tomoulles declaración ás catro testemuñas do apuñalamento de Soufián Mhara, que estaban previstas entre as once e doce e media. Segundo algunhas fontes, estas testemuñas poderían sinalar outra persoa distinta do mozo que pasou dez días en prisión provisional: Jürgen Wilfried, alcumado o Alemán. Nas declaracións tamén estivo presente o avogado da familia do mozo marroquí.

Soufián fora acoitelado a madrugada do oito de xuño nunha zona de copas de Salceda. A Garda Civil detivo inicialmente o mozo alemán, que finalmente quedou en liberdade por orde do xulgado por un posible erro de identificación.

A causa segue baixo segredo de sumario e o mozo alemán aínda mantén a súa condición de investigado, polo que debe comparecer cada quince días nos xulgados.

Nos próximos días está previsto que sexa repatriado o cadáver de Soufián Mhara, a vítima deste crime.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

08/08/2019