CRTVG

Buscar

A declaración de BIC do xacemento de Castromao, un pulo para a investigación

Publicado o 30/10/2019 23:23

A decisión do Goberno galego de declarar o xacemento de Castromao como Ben de Interese Cultural outórgalle a máxima protección legal ao xacemento e a toda paisaxe cultural que hai arredor e, ademais, é util para fomentar a investigación.

Eduardo Breogán, arquitecto municipal: "O que se pode facer a partir de agora é unha planificación, non metro a metro, pero si parcela a parcela, dos usos que poden ter esas parcelas, eses solares no caso da aldea, unhas normativas restritivas, non imos negalo, pero son restritivas para acadar unha conservación".

As escavacións levadas a cabo no castro desde os anos 60 deixaron á vista máis de 70 vivendas, que xunto ás murallas permiten coñecer a evolución da sociedede, o poboamento e a paisaxe entre a prehistoira e a Idade Media. Pero só hai un 20 por cento escavado.

Eduardo Breogán, arquitecto mmunicipal: "Fóra da muralla tamén hai restos documentos que non se teñen escavado, tería posiblemente outro tanto do recinto interior, estruturas romanas que están debaixo da aldea, con fotos infravermellas que se fixeron nos anos oitenta, que se ve que había estruturas moi fóra do recinto actual".

Agora que este asentamento castrexo é un ben de interese cultural, en Celanova confían en que chegue o financiamento preciso para descubrir todo o que agocha a terra.

Eduardo Breogán, arquitecto municipal: "Non vai ser un pasaporte para iso, que son outras cousas as que fan falta pero si un acicate, un pulo, decir estamos nun ben de interese cultura, Castromao é BIC por algo".

Noticias web

30/10/2019