CRTVG

Buscar

A decisión da Audiencia sobre Audasa decepciona os afectados polos atascos en Rande

Publicado o 20/04/2021 13:36

A decisión da Audiencia de Pontevedra causou decepción entre os afectados polos atascos en Rande, que se sumaran á reclamación da Fiscalía.

Diego Maraña, presdiente de En-Colectivo: "Entendemos que isto é un retroceso para os dereitos dos consumidores. Xa que é unha autoestrada que ten a obriga de prestar un servizo de seguridade e de rapidez, de eficacia, cando esa prestación non é acorde co contrato de concesión, é cando esiximos a devolución desas peaxes ou non cobralas".

A sentenza anterior, do Xulgado do Mercantil número 1 de Pontevedra, consideraba que Audasa incorrera en prácticas abusivas, e que 81 atascos entre 2015 e 2018 daban lugar á devolución do pagado no treito de Rande. Pero, segundo a Audiencia de Pontevedra, a peaxe fíxase tras un acordo entre a Administración e a concesionaria, e non é función dos tribunais civís examinar os termos dese contrato.

Agora a plataforma de afectados quere analizar a sentenza en profundidade e tratar de acordar coa Fiscalía a presentación dun recurso de casación.


 

Noticias web

20/04/2021