CRTVG

Buscar

A débeda pública repuntou en agosto ata os 1,419 billóns de euros, o 121 % do PIB

Publicado o 22/10/2021 14:52
A débeda pública repuntou en agosto ata os 1,419 billóns de euros, o 121 % do PIB

A débeda pública repuntou un 0,2 por cento en agosto tras aumentar 3.200 millóns de euros. Segundo os datos publicados hoxe polo Banco de España, a débeda do conxunto das administracións públicas sitúase nos 1,419 billóns de euros. Mantense por riba do 121 por cento do PIB, pero o obxectivo do Goberno é rebaixar este dato ata o 119 por cento a finais de ano.

Todas as administracións aumentaron a súa débeda en agosto, agás a Seguridade Social, en que se mantivo estable.

Noticias web

22/10/2021