CRTVG

Buscar

A débeda pública marcou un novo récord en maio ao superar os 1,4 billóns

Publicado o 20/07/2021 15:17
A débeda pública marcou un novo récord en maio ao superar os 1,4 billóns

A débeda pública volveu subir en maio e marcou un novo récord. Alcanzou os 1,4 billónsde euros e volve superar o 125 por cento do PIB, despois do lixeiro descenso que rexistrara en abril.

Segundo os datos do Banco de España, a débeda do conxunto das administracións rexistrou unha repunta interanual do 11 por cento con respecto a maio de 2020 como consecuencia da crise derivada da pandemia.

Aumentou principalmente o endebedamento do Estado, mentres que as comunidades autónomas e as corporacións locais reduciron a súa débeda, e a Seguridade Social mantívose estable.
 

Noticias web

20/07/2021