CRTVG

Buscar

A débeda pública española, en máximos históricos

Publicado o 17/04/2019 20:48

No mes de febreiro a débeda do conxunto das administracións públicas incrementouse en 10.300 millóns de euros, e disparouse ata 1,1 billóns. O dato marca un récord histórico en cifras absolutas, superando amplamente o que se rexistrara en setembro do ano pasado.

Así as cousas, neste momento a débeda pública española supera o 98 por cento do Produto Interior Bruto. A maior parte dela é do Estado. Subiu en febreiro 10.000 millóns e no conxunto do ano case 40.000.

As comunidades autónomas e as corporacións locais tamén aumentaron a súa débeda, pero menos. No caso dos concellos, recortaron o seu endebedamento con respecto ao ano pasado.

A que non se moveu, segundo o último informe do Banco Central, foi a débeda da Seguridade Social, que continúa en 41.000 millóns, unha cifra case idéntica á dos dous meses previos, aínda que un 50 por cento superior á rexistrada o ano pasado polas mesmas datas.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/04/2019

Máis sobre actualidade

Barco 3 - 0 Somozas
15/09/2019 23:26
Fabrl 4 - 1 Alondras
15/09/2019 23:13
Vilalbés 4 - 0 Arzúa
15/09/2019 23:13
U.D. Ourense 0 - 1 Choco
15/09/2019 23:13