CRTVG

Buscar

A débeda pública bate récords por mor dos gastos derivados da pandemia

Publicado o 22/10/2020 15:13

Novo récord das administracións públicas en agosto e achégase ao 111 por cento do PIB.

Situouse en preto do 1,3 billóns de euros, o que supón un incremento do un 8,6 por cento con respecto ao mesmo mes do ano pasado, como consecuencia do maior gasto derivado da pandemia.

Son 7.300 millóns de euros máis que en xullo, segundo os datos do Banco de España. Por administracións, a débeda do Estado foi a que máis medrou, mentres que comunidades autónomas e corporacións locais reduciron o seu endebedamento.

 

Noticias web

22/10/2020