CRTVG

Buscar

A débeda pública aumenta un 10 % en 2020, ata pechar en 1,3 billóns

Publicado o 17/02/2021 11:58
A débeda pública aumenta un 10 % en 2020, ata pechar en 1,3 billóns

A débeda co conxunto das administracións públicas rematou 2020 en 1.311.298 millóns de euros, un 117 % do PIB, un peche récord para un exercicio marcado pola crise do coronavirus, en que se incrementou en 122.439 millóns, un 10,3 %.

A pesar de ser o peche de exercicioo máis elevado da serie histórica, a débeda reducíuse en 1.292 millóns en decembro con respecto a novembro.

O Ministerio de Asuntos Económicos destacou que a ratio de débeda sobre el PIB ao peche de 2020 é 1,7 puntos inferior á prevista no escenario macroeconómico, unha diminución que "foi posible grazas ao bo comportamento da economía española no segundo semestre do año".