CRTVG

Buscar

A débeda de España marca outro máximo: o 117% do PIB

Publicado o 17/09/2020 16:18
A débeda de España marca outro máximo: o 117% do PIB

En España, a débeda pública marca un novo máximo e chega a niveis que non se vían dende hai máis dun século.

Segundo o Banco de España, as administracións españolas deben case 1,3 billóns de euros, un 8% máis que en xullo do ano pasado. Isto supón unha cantidade maior que o propio produto interior bruto do país. A caída dos ingresos, mentres medra o gasto público pola epidemia, fai que as estimacións sexan aínda máis pesimistas. O organismo cre que ao cabo do ano a débeda pode chegar, no peor dos escenarios, ao 120% do PIB.

Noticias web

17/09/2020