CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A debate a posibilidade da custodia compartida como predeterminada en España

Publicado o 06/12/2017 21:20

Os casos de custodia compartida tras un divorcio ou separación aumentan cada ano en España. Pasaron de ser menos do 25 por cento en 2015, a máis do 28 por cento en 2016. A posibilidade dunha reforma lexislativa para que predomine o réxime de custodia compartida está cada vez máis no centro do debate.

Logo da chegada ao Parlamento de Galicia e despois ao Congreso dunha iniciativa lexislativa popular, de momento sen avances, para que garda e custodia compartida dos fillos menores sexa o réxime predeterminado, tras divorcios e separacións en España, o tema acende os debates. Moitos deses debates buscan profundar na perspectiva, coa perspectiva de nais e pais, asociacións de proxenitores separados, especialistas en xénero e en igualdade, fiscais, avogados, xuíces, piscólogos ou xornalistas.

"Nós, dende o colectivo 'executivas de Galicia', estamos convencidas de que, como principio xeral, sería un acerto que a custodia compartida fose predeterminada, a primeira fórnula a aplicar, porque axudaría a fomentar e a garatir a corresponsabilidade igualitaria no coidado dos fillos das nais e dos pais, do dous proxenitores.Pero tamén queremos facer fincapé en que se chega a facerse esa defendida reforma lexisltiva, será máis necesario que a xustiza vixíe calquera posible manipulación da medida por calquera das partes, que se vixíe e evita que os proxenitores podan usar a custodia compartida para intereses persoais e non para, por riba de todo, a protección dos menores, dos nenos", explica Carla Reyes, xornalista presidenta do colectivo "Executivas de Galicia", que organiza debates sobre a custodia compartida e sobre unha posible reforma lexislativa ao respecto.

"Estamos nestes foros, tamén moitas e moitos facendo fincapé na urxente necesidade de que haxa máis equipos e máis profesionais psicosociais nos xulgados para que podan facer as periciais necesarias para poder determinar cal é, en cada caso concreto, o método, sexa a custodia compartida ou non, que se debe aplicar en cada caso, en cada familia", explica Mar Vivero Vizoso, avogada especialista en temas de familia, participante debates sobre a custodia compartida e sobre unha posible reforma lexislativa ao respecto.

O número de casos de garda e custodia compartida triplicouse na última década en España.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán

06/12/2017