CRTVG

Buscar

A de Vilalba é a residencia de maiores que máis casos de covid-19 rexistra en Galicia

Publicado o 20/11/2020 13:28

As ambulancias levan os usuarios máis afectados polo coronavirus da residencia de persoas maiores de Vilalba. Tan só o persoal sanitario, como o de hospitalización a domicilio, ten acceso ao centro logo de que a Xunta decidira intervilo onte pola tarde. Mesmo os medicamentos que precisan os usuarios son entregados dende o exterior.

En total rexistráronse 132 casos positivos, 114 de usuarios e 18 de traballadores da residencia. Malia que os empregados son sometidos a controis cada 15 días, semella que foi unha das traballadoras a que puido dar orixe ao contaxio masivo. En Vilalba, e especialmente na contorna da residencia, hai unha fonda preocupación polo que está a acontecer.

No primeiro cribado que se realizou o pasado mércores xa se confirmaron 30 positivos e nos posteriores comprobáronse os 132 actuais. Só os usuarios calificados de grandes dependentes e que non teñen mobilidade puideron esquivar o contaxio. Se ata o de agora a residencia de Vilalba era das menos afectadas en toda a provincia de Lugo, arestora é a que máis casos presenta de covid-19.

Noticias web

20/11/2020