CRTVG

Buscar

A de Ourense é a única área sanitaria de Galicia en que hoxe baixan os contaxios

Publicado o 26/07/2021 13:53

Datos para a esperanza este luns aquí. A área sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras é a única de Galicia en que diminúen os casos activos, e non pouco, 86 casos activos menos hai hoxe en comparación co día anterior. Dende Sanidade din que isto pode significar que a curva comeza a dobregarse nesta quinta vaga, pero con prudencia, e lembran a importancia de seguir extremando as medidas de precaución.

Despois de acadar nesta quinta vaga o pico máximo de toda a pandemia, os casos activos no concello de Ourense baixan por terceiro día consecutivo, hoxe hai 70 menos ca onte. Redúcense os casos na capital e tamén no total da área sanitaria de Ourense.

Si aumentan ata 51 o número de persoas hospitalizadas, dúas delas na UCI, que rozan os 40 anos. Dende Sanidade piden non confiarse e seguir tendo moita precaución. A prevención e as vacinas. En Ourense o 70 por cento da poboación xa ten a pauta completa.

 

Noticias web

26/07/2021