Telexornal Serán

A das Catedrais, elixida a mellor praia de toda a Península Ibérica

Publicado o 20/02/2013 21:42

O recoñecemento foi feito pola web TripAdvisor, que recolle as opinións de millóns de usuarios de todo o mundo

A praia das Catedrais foi elixida como a mellor de España e a segunda mellor de Europa.

A mellor praia de toda a Península Ibérica é esta, a das Catedrais. Así o considera a web de viaxes TripAdvisor, que lle concedeu ao areal ribadense un dos premios Travellers' Choice Praias 2013.

As Catedrais recibe milleiros de visitantes durante todo o ano, pero polo verán poden chegar a visitala máis de cinco mil persoas cada día.

A das Catedrais foi tamén elixida a segunda mellor praia de Europa. A mellor do continente, e tamén do mundo, está na illa italiana de Conigli.

Compartir en Facebook
Envía o teu comentario!.
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Telexornal Serán do 20/02/2013