CRTVG

Buscar

A dársena da Mariña, escenario do deporte urbano

Publicado o 04/10/2019 21:33

A dársena da Mariña, na Coruña, convertese durante esta fin de semana nun grande escenario do deporte urbano. Trátase dunha nova edición de Street Games que reúne seis disciplinas deportivas, entre elas o rocódromo, o skate ou o parkour. Centos de persoas estanse a achegar xa desde esta tarde para presenciar as competicións ao máis alto nivel  destas variantes do deporte urbano. Mesmo algunha delas vai chegar a ser olímpica

 Finuco Martíne. director deportivo de Street Games "Ao fondo tamén vermos o parkour , que é tamén unha disciplina moi de rúa, que son eses caixóns que temos aí, que son disciplinas que ademáis van ser olímpicas. O parkour no 2024 vai ser unha disciplina olímpica. A escalada, que é iso que vemos aí, vai ser olímpica en Toquio, o ano que vén"
 

Noticias web

04/10/2019