CRTVG

Buscar

Bos días

A da Toxa, en Silleda, a maior fervenza en caída libre en Galicia

Publicado o 08/08/2014 09:36




Son moitos os roteiros que discorren polas ribeiras dos máis de cincuenta quilómetros do río Deza. Entre eles, este verán gaña afeccionados, un duns seis quilómetros que nos permite contemplar o mosteiro románico de Carboeiro ou a ermida de San Paio. Amais podemos bañarnos na praia fluvial de Carixa ata chegarmos a unha das fervenzas máis espectaculares de Galicia.

" A fervenza amósasenos con todo o seu esplendor, con toda a luz e cor. O importante é que todos aprendamos a conservala, a respectala" salienta Dulcina Gómez Araujo.

"Eu son de Madrid, estou de visita cuns amigos. É a primeira vez que veño a esta fervenza e encantoume",destaca un turista.

Á súa diversidade botánica, aproveitada polos monxes dos mosteiros de Carboeiro e Camanzo para a súa farmacopea, úneselle o marabilloso estado de conservación deste bosque atlántico con especies de clima tipo mediterráneo, con especies autóctonas coma carballos, freixos, sobreiras, loureiros ou salgueiros.

"Nós, por exemplo, coa asociación Bioturmalina, facemos sobre todo en verán, pero durante todo o ano tamén, distintos roteiros por aquí, como paseos etnobotánicos e sendeirismo consciente", afirma Dulcinea Gómez.

A Fervenza do Toxa pode tomarse como comezo ou fin de distintos roteriros, que discorren polos 51 quilómetros do Deza, como este que vai durante seis quilómetros pola ribeira do río, no que atoparemos pontes romanas e penduradas, calzadas medievais, a Ermida de San Paio, o Balneario de Baños da Brea e a praia fluvial de Carixa, Merza, ata chegar ao afamado Mosteiro bieito de San Lourenzo de Carboeiro.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Bos días

08/08/2014