CRTVG

Buscar

A da Coruña segue sendo a área sanitaria máis afectada, pero mellora a súa situación

Publicado o 15/02/2021 16:16

Imos primeiro debullar a situación na área sanitaria da Coruña. Vai mellorando, pero aínda así segue a ser a máis afectada de Galicia.

É a cidade galega con maior incidencia acumulada, 584 ao rexistrar máis de 1.400 contaxios nas últimas dúas semanas. Hoxe temos que destacar que por vez primeira dende o pasado 20 de xaneiro son menos de catro mil os casos que se manteñen activos, despois das 308 altas que se deron nas últimas horas.

Pero a eles hai que engadir novos contaxios, que fan que empeore a situación nos hospitais con 208 pacientes ingresados en planta e 75 na UCI.

Noticias web

15/02/2021