CRTVG

Buscar

A D.O. Monterrei celebra unha nova edición da súa Feira do Viño en Verín

Publicado o 12/08/2017 14:02

Co godello e o mencía como estrelas das súas variedades, a sona dos viños da denominación de orixe Monterrei non para de medrar

A denominación de orixe Monterrei está de festa. Celebran unha nova edición da súa Feira do Viño. Toda unha oportunidade para que as adegas lles amosen o mellor de si a todos os visitantes. Viños brancos e tintos cada ano máis coñecidos e valorados polo público e os mercados.

25 adegas conforman a denominación de orixe Monterrei. E na súa feira do viño, que acada xa a súa XII edición, cada vez están máis acompañados.

Co godello e o mencía como estrelas das súas variedades, a sona dos viños da denominación de orixe Monterrei non para de medrar. Un traballo de anos dende o seu nacemento no 1996, que xa está a dar os seus froitos. Son viños cada vez máis coñecidos e valorados, e cunha importante proxección exterior.

En total 25 adegas e 447 viticultores conforman esta denominación de orixe. Durante a xornada de hoxe e a de mañá ofrecen na Alameda de Verín o mellor dos seus caldos. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/08/2017