A curva segue descendendo, con 674 falecidos en España, o dato máis baixo dos últimos dez días
• A cifra de pacientes curados xa está achegándose a 40.000 persoas
• Morren outras oito persoas en Galicia, onde ascenden a 182 as vítimas
A dramática curva de falecementos segue a baixar e, malia que as cifras seguen a ser altas, o dato de falecementos rexistrado polo Ministerio de Sanidade foi o mellor dos últimos 10 días, con 674 persoas finadas. O cómputo global en España é de 12.418 finados con coronavirus.
CORONAVIRUS | Datos por idade e sexo
— G24 (@G24Noticias) April 5, 2020
Falecidos por idades
Taxa de letalidade por idades
Falecidos por sexohttps://t.co/S76LE8gHvk pic.twitter.com/Vpk1uC77VJ
En total, en España hai 130.759 casos rexistrados de coronavirus, un incremento de 6.023 con respecto á xornada de onte. A presión nas unidades de coidados intensivos, un dato en que os expertos teñen posta moita atención, tamén se vai atenuando, aínda que segue á alza. Onte había 6.532 pacientes na UCI e hoxe son 329 máis.
Tamén aumenta o número de curados. A cifra xa está próxima aos 40.000 (38.080), 3.861 máis ca na xornada de onte.
CORONAVIRUS | Datos e comparativa coa xornada de onte
— G24 (@G24Noticias) April 5, 2020
Casos 130.000 6.000
Falecementos 12.418 674
Curados 38.000 3.800
https://t.co/S76LE8gHvk pic.twitter.com/lh9lObp2TV