A curva logra cambiar de tendencia no Carballiño, onde se aplican dende hai un mes as restricións máis duras
Sanidade pon de exemplo o concello do Carballiño, leva tres semanas coas restricións máis duras, e parece que a curva logra cambiar de tendencia.
Aínda así, mantéñense as limitacións neste concello e amplíanse a máis da provincia.
Aos 15 concellos afectados polas restricións súmanse agora máis. Amplíase o perímetro de Ourense cidade e Barbadás aos concellos de Coles, Pereiro, San Cibrao, Toén e Amoeiro. Poderán moverse neste perímetro pero non fora del.
A cidade de Ourense leva nos dous últimos días 41 casos activos menos, na zona perimetral do Carballiño os casos activos reducíronse á metade e na de Verín tamén baixaron considerablemente.
Ourense segue a ser a provincia coas limitacións máis duras, xa que está restrinxida a mobilidade nas zonas perimetrais dende hai un mes.
Tamén seguen prohibidas as reunións cos non conviventes e no Carballiño prohibidas as actividades non esenciais.