A curta española 'Madre', de Sorogoyen, competirá na próxima edición dos Óscars
A curta española Madre, de Rodrigo Sorogoyen, competirá na edición número 91 dos Óscars. Unha gala en que o filme mexicano Roma parte como gran favorita con 10 candidaturas.
O cineasta madrileño Rodrigo Sorogoyen será o protagonista español nos Óscar coa súa curta Madre. Sorogoyen, que vén de gañar os Premios Feroz e é o favorito aos Goya coa película "El reino", sitúanos ante un drama de caracter asfixiante que se convertirá en película nos vindeiros meses.
LENDA: Roma, de Alfonso Cuarón Favorita con 10 candidaturas
A sensibilidade visual de Cuarón é a gran favorita para esta edición dos Óscar. 10 candidaturas entre as que están película, dirección, guión e as dúas actrices principais do filme. Unha historia de mulleres fronte ao cinema estadounidense liderado por El vicio del poder ou Green Book.
Con Cuarón, a mellor director competirán un grego e un polaco. Pavel Pawlikowski por Cold War e Yorgos Lanthimos con La favorita tamén contarán para os premios na gala que celebrará o 24 de febreiro nos Ánxeles.