CRTVG

Buscar

A CUP decide presentarse por primeira vez a unhas eleccións xerais

Publicado o 28/09/2019 19:10

Os anticapitalistas da Candidatura de Unidade Popular acordaron presentarse ás eleccións xerais do 10 de novembro, modificando deste xeito o que fixeron nas catro anteriores citas para renovar as Cortes españolas. O seu consello político decidiu hoxe dar ese salto co propósito de impedir calquera fórmula de gobernabilidade en España, mentres non se lles recoñeza aos cataláns o dereito de autodeterminación. O outro eixe da campaña será a petición de amnistía para os políticos soberanistas presos en fuxidos.

Noticias web

28/09/2019