CRTVG

Buscar

A cultura galega e mapuche, unidas nunha colección de libros na Arxentina

Publicado o 25/06/2016 14:18

O obxectivo é dar a coñecer estas comunidades clave para o país a través das súas personaxes mitolóxicas e cun formato bilingüe

Trasnos e meigas son a excusa para achegar Galicia e a súa mitoloxía aos máis cativos nun libro da colección "Comunidades" coa que unha editorial arxentina visibiliza ás etnias que marcaron o carácter do país austral.  

"Doce pescadores" e "E outra volta máis" son os novos volumes que, en pleno bicentenario da independencia arxentina, irmandan Galicia e os pobos orixinarios do territorio.

Valeria Sorín, editorial La Bohemia, apunta que "Refleja los encuentros, los diferentes pueblos y las multiplicidades de los dos países". 

Un proxecto bilingüe cuns tradutores ao galego moi especiais. 

Valeria Sorín,  editora en La Bohemia, di que "Carlos Brandeiro, profesor del Colegio gallego-argentino Santiago Apóstol, tuvo una idea muy linda y nos pidió permiso para hacer la actividad de traducción junto con sus alumnos de 4º año de Bachillerato".

O material tamén axudará a achegar os sons do galego e do idioma mapuche ás novas xeracións.  O Ministerio de Educación arxentino adquiriu esta colección para os seus centros polo valor cultural que -din- lles aporta aos cativos de infantil e primaria. Agora, a editorial xa está inmersa na exportación destes títulos cara países coma os Estados Unidos ou Brasil.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

25/06/2016