CRTVG

Buscar

A cuarta vítima é un home de 70 anos que caeu mentres axudaba a extinguir as lapas

Publicado o 16/10/2017 14:47

Cuarta vítima mortal do lume que queima Galicia. Morreu un home de 70 anos en Vigo, en Santo André de Comesaña, cando caeu dun valo mentres axudaba a unha veciña a extinguir as lapas que se achegaban á súa casa.

Nestes momentos a situación en Vigo está controlada. Da máis da vintena de incendios en parroquias e na zona urbana de Vigo, tan só permanecen activos dous incendios forestais e o resto está extinguido. A gran maioría das 400 persoas que foron desaloxadas xa están regresando aos seus fogares. Trinta e nove persoas precisaron asistencia médica por inhalación de fume.

San Andrés de Comesaña foi unha das parroquias onde o lume foi máis virulento. Foi aquí onde se produciu a cuarta  vítima mortal desta vaga de incendios. E un home de 70 anos de idade que faleceu tras unha caíoda na que se golpeu a cabeza. Axudaba a súa veciña a apagar as lapas que se achegaban a súa casa.

Foi unha noite caótica cunha loita titánica contra o lume nas parroquias de Vigo e tamén no casco urbano. As lapas cercaron a cidade cun lume moi virulento en distintas zonas como  Valadares, Zamáns, Matamá, Coruxo e o Campus universitario. Pero o lume sorprendía tamén o centro urbano de Vigo. Rexistráronse incencios na contorna da Praza de España, no Castro, na Avenida de Europa e Navia, nestas zonas foron desaloxados edificios enteiros. 

En total trinta e nove persoas foron atendidas en distintos hospitais por inhalación de fume. Nestes momentos a vintena de incendios están extinguidos, excepto dou focos en zonas forestais. Dos 400 desaloxados, a maioría xa está de regreso ás súas casas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2017