CRTVG

Buscar

A Cruz Vermella vai repartir na provincia de Ourense 300.0000 quilos de alimentos

Publicado o 13/10/2021 14:26
A Cruz Vermella vai repartir na provincia de Ourense 300.0000 quilos de alimentos

A Cruz Vermella repartirá na provincia de Ourense trescentos mil quilos de alimentos entre nove mil persoas que están en risco de exclusión. A distribución faise no marco da segunda fase do programa de axuda alimentaria da Unión Europea.

Na primeira fase, durante o verán, repartiron outros douscentos mil quilos de produtos de primeira necesidade, non perecedoiros.

Noticias web

13/10/2021