CRTVG

Buscar

A Cruz Vermella denuncia máis de 600 incidentes violentos contra sanitarios

Publicado o 20/08/2020 11:38

A Cruz Vermella denuncia máis de 600 incidentes violentos contra persoal sanitario, pacientes e infraestruturas médicas durante os 6 primeiros meses da pandemia. Aseguran que se deberon, na maioría dos casos, ao medo a contraer a enfermidade, ao descoñecemento sobre ela ou ao malestar pola morte dun familiar.

Para protexer o persoal sanitario nun momento en que son tan necesarios e evitar que sumen estrés adicional ao que soportan, os responsables do estudo pídenlles ás autoridades que atallen a desinformación e garantan un ámbito de traballo seguro no sector.



 

Noticias web

20/08/2020