CRTVG

Buscar

A Cruz Vermella atende 1.500 persoas sen fogar grazas a un proxecto da Xunta

Publicado o 09/02/2018 22:29

 

A Cruz Vermella atendeu o ano pasado en Galicia unhas 1.500 persoas sen fogar grazas ao proxecto de atención integral financiado pola Xunta. O primeiro obxectivo é atender as necesidades básicas destas persoas e ofrecerlles alternativas. Despois, se é posible, traballan con elas para que poidan vencer o illamento social. José María leva case catro anos vivindo debaixo dunha ponte, á beira do Miño. Coma el, unhas dez persoas dormen ao raso todas as noites en Ourense. 

El decidiu que aquí quere seguir e son moitos os ourensáns que a diario lle achegan comida e abrigo. Se é xente que non viran antes na rúa, o primeiro que fan dende a Cruz Vermella é informalos dos recursos que hai na cidade. 

Este home accedeu a pasar esta noite xélida, menos tres graos de mínima hoxe en Ourense, no albergue.Tamén axudan na Cruz Vermella coa procura de emprego. É o caso deste mozo de 22 anos, atopou traballo e pode pagar un cuarto, levaba na rúa dende que con 18 anos tivo que deixar o centro de menores onde viviu cando a súa familia o abandonou.



Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/02/2018