CRTVG

Buscar

A CRTVG, premiada en Asturias pola súa traxectoria, profesionalidade e promoción da cultura

Publicado o 17/09/2021 19:53

A Corporación de Radio e Televisión de Galicia é unha das entidades homenaxeadas nos premios anuais da Asociación Día de Galicia en Asturias.

Unha distinción á CRTVG, "pola súa traxectoria, profesionalidade informativa e a súa excelente promoción da cultura", en palabras textuais da asociación. Xaime Arias, director de Proxección Social da CRTVG, recolleu o galardón nun acto celebrado na Cámara de Comercio de Oviedo, en que tamén foron recoñecidas outras empresas e institucións de Asturias e Galicia.

Noticias web

17/09/2021