A CRTVG homenaxea a Díaz Pardo polo centenario do seu nacemento
Publicado o 17/08/2020 14:53
Foi un dos grandes humanistas e intelectuais galeguistas do noso país. E este sábado fará 100 anos do seu nacemento, o 22 de agosto. Con este motivo, a Televisión de Galicia homenaxeará a Isaac Díaz Pardo.
Na franxa de máxima audiencia emitiranse toda esta semana espazos en que se reflexionará sobre a vida e a traxectoria artística e tamén a empresarial deste intelectual. O propio día do aniversario, o próximo sábado, ofrecerase unha entrevista exclusiva e inédita concedida por Díaz Pardo pouco antes da súa morte, en xaneiro de 2012.
Tanto a Radio Galega como a web e as redes sociais da CRTVG achegarán tamén contidos especiais para lembrar o recuperador, xunto a Luís Seoane, da cerámica de Sargadelos.