CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

A CRTVG forma os profesionais en temas de igualdade

Publicado o 10/06/2013 15:04



Os temas de violencia machista ocupan máis minutos nos medios do que quixerámos ... e ás veces nos resulta doado informar sobre iso.

Esta casa quere contribuír a contar estes casos da mellor forma posible. Por este motivo a CRTVG ofrece nun curso fórmulas novas para tratar axeitadamente a violencia machista nos medios.

Tratar a violencia machista nos medios é sempre asunto de debate, non só pola importancia do tema en si, xa que falamos de asasinatos case sempre, senón polo que se debe ou non contar. Unha das mellores especialistas internacionais en igualdade amósanos na CRTVG as claves para informar. O obxectivo: cambiar os paradigmas establecidos nos casos de violencia de xénero.

Os medios publicos, dixo a Directora da TVG, deben ser exemplares no tratamento da igualdade. Para Pilar López, hai moitos datos e testemuñas que non se deben dar nas noticias, como é o caso dos veciños, donde vivía a vítima, etc.

Os medios públicos, aseguraron, están na obriga de informar en igualdade e falar desde o coñecemento das fontes e nunca utilizar a violencia machista como unha medida para gañar audiencia ou polemizar.
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí