CRTVG

Buscar

A CRTVG estrea canle en Twitch cun encontro de DígochoEu con escolares de toda Galicia

Publicado o 12/05/2021 14:54

Hoxe é unha data sinalada para a CRTVG porque estreamos nova vía de difusión. Ás doce da mañá empezaban as emisións en Twitch, a plataforma de transmisións en directo de Amazon, cun encontro do equipo de DígochoEu con escolares de toda Galicia. O seu director Carlos Amado, a xornalista Esther Estévez e a lingüista Rocío Pérez lembraron as orixes do programa que hoxe chega ao capítulo cincocentos e responderon ás preguntas dos estudantes. 

O #DígochoEu quixo arrancar a canle dedicando o primeiro programa á comunidade educativa, xa que son centenares as propostas que chegan desde os colexios de toda Galicia sumándose e replicando o espazo da CRTVG. De feito, para esta primeira actividade na plataforma, recibíronse máis de 60 peticións de centros docentes das catro provincias.

Actualmente #DígochoEu pode verse na web crtvg.gal en g24.gal, así como nas contas de Instagram (g24noticias), Twitter (g24noticias), Facebook (g24noticias), Youtube (youtube.com/tvg) e TikTok (tiktok.com/@digochoeu) e no Telexornal da TVG. A boa recepción entre os máis novos fai que os capítulos diarios en TikTok cheguen a máis de 100.000 seguidores e que xa tiveran máis de 15 millóns de impresións.  

Noticias web

12/05/2021