CRTVG

Buscar

A crise venezolana centra a xuntanza do Grupo de Lima e o Grupo Internacional de Contacto

Publicado o 04/06/2019 08:34

A crise venezolana volveu centrar a xuntanza que mantiveron o Grupo de Lima e o Grupo Internacional de Contacto. Os seus representantes acordaron intensificar os contactos con Rusia e con Cuba, os dous grandes apoios de Nicolás Maduro, para impulsar unha transición política.  

"Nós estamos apuntando aquí sobre a gravidade da crise humanitaria en Venezuela, pero ademais o éxodo masivo que causou na rexión. Hoxe en día, segundo datos das Nacións Unidas, temos 3,7  millóns de venezolanos vivindo nos nosos países. No caso do Perú, nós xa temos 800.000 venezolanos vivindo no noso país". 

Noticias web

04/06/2019