A crise sanitaria deixa no aire a celebración de próximos eventos en Galicia
Todos os actos programados durante esta Semana Santa foron supendidos, pero ademais esta crise sanitataria deixa no aire, xa con vistas ao verán, de importantes eventos lúdicos e culturais en Galicia. É o caso da festa Arde Lucus, que podería anularse en datas próximas se a pandemia do coronavirus non mellora. Arde Lucus está programado para o 26,27 e 28 de xuño.
O concello de Lugo aínda non se marcou prazos para despexar o futuro da festa, pero adianta que se non hai suficientes garantías, será preciso suspendelo. Algo similar ocorre co festival O Son do Camiño, tamén en xuño, do que xa están vendidas todas as entradas. Polo momento as autoridades galegas gardan silencio e esquivan planificar a dous meses vista á espera de cal vai ser a evolución do virus con temperaturas máis altas.
Na Coruña, tamén está no aire a celebración do San Xoán, quizais a festa máis popular da cidade e que reúne nas praias urbanas miles de persoas. Xa para agosto, tampouco está claro se A Coruña vai acoller a Tall Ship Race, esta regata de grandes de veleiros non recalaba na cidade desde o ano 2016