CRTVG

Buscar

A crise política arxentina pode provocar un cambio da tendencia baixista da inflación

Publicado o 16/08/2019 11:56

En medio dunha semana moi complicada para a economìa arxentina coneñeceuse a inflaciòn do mes de xullo.

O instituto de estadìsticas de Arxentina confirmou que a inflaciòn para o mes de xullo è de 2,2 %, o que ven a confirmar a tendencia á baixa que se viviu durante os últimos meses pero que de seguro quedará truncada cando se coñezan os datos de agosto, no que a forte devaluación do peso xa está a ter consecuencias nos prezos da canasta básica.

Cando parecía que a inflación da Arxentina xa estaba controlada as turbulencias financeiras vividas no país durante esta semana provocaron un repunte na inflación que xa está a ter consecuencias para os cidadáns. "Mi trabajo es un 99% productos importados y la verdad es que está terrible, me ha subido todo entre un 25 30 40 % y se está complicando porque no se puede trasladar eso mismo a un cliente o a la venta directa"

En Bos Aires xa son moitos os comercios que están a subir os prezos dos seus productos, contribuindo a un fenómeno que non é nada novo para os cidadáns do país. "Uno está acostumbrado a todo, para nosotros no es nuevo, tenemos 4 años buenos, 4 años malos ".

As reaccións dos cidadáns non se está a facer esperar e durante estas xornadas producíronse varias manifestacións nas céntricas rúas da capital arxentina
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/08/2019