CRTVG

Buscar

A crise pode co asado na Arxentina

Publicado o 14/01/2020 21:21

O consumo de carne de vacuno na Arxentina acadou o nivel máis baixo da década en 2019, en que cada persoa consumiu de media 53,1 quilogramos deste tipo de carne, un 9,5 % menos ca o consumido en 2018.

Os arxentinos consomen cada vez menos carne vermella, e non o fan por motivos de saúde, senón por razóns puramente económicas.

Esta tendencia á baixa vense producindo durante os últimos anos, en que a carne doutros animais gañaron peso na mesa dos arxentinos.

Os prezos máis económicos destas carnes fixéronas máis populares entre a poboación, mentres que a carne de vacuno rexistrou unha subida no seu valor do 60 % durante o último ano.

 

Noticias web

14/01/2020