CRTVG

Buscar

A crise institucional do Barça semella non ter fin

Publicado o 11/04/2020 13:16

A capacidade de autodestrucción do Barça é ilimitada. Un sello de identidade do clube catalán ao longo da súa historia, con breves períodos de paz. Pero o desta temporada podería situarse no podio dos desastres institucionais. Co equipo líder e vivo na Champions, Bartomeu destituíu a Valverde por unha derrota na Supercopa. E desde aí, terremoto tras terremoto. O "Barçagate" das redes sociais distanciou aos xogadores da directiva. A negociación da rebaixa salarial foi un desastre comunicativo. E, finalmente, a traca final, a remodelación da Xunta. Seis demisións, unha delas todo un golpe para Bartomeu, a de María Teixidor, loubada unánimemente pola súa xestión do fútbol feminino. E claro, a do presunto vindeiro candidato continuista, Emili Rousaud, quen virou a feroz opositor, cunha acusación gravísima. Que alguén meteu a man na caixa. A resposta do club, un comunicado amenazante trasladado polo seu voceiro Josep Vives."Ante as graves e infundades acusacións formuladas por parte do ex vicepresidente institucional do Barcelona, Emili Roseaud, o clube nega categóricamente calquera acción susceptible de ser calificada de corrupción, e polo tanto resérvase o dereito de emprender as accións penais que considere oportunas ao respecto"

Os graves atrancos económicos do Barcelona engaden moita incerteza a unha situación esperpéntica que desde o club disfrazan de remodelación planificada. "As demisións de membros da xunta directiva que se produciron nas últimas horas son polo impulso da remodelación da directiva realizado polo presidente Bartomeu e que se completará nas vindeiras datas. Esta remodelación pretende afrontar coas máximas garantías o treito final deste mandato, o futuro do clube e superar as graves consecuencias da crise sanitaria que estamos a vivir"

Nos vindeiros días chegarán os novos nomeamentos de Bartomeu para unha directiva que vai pasar un auténtico vía crucis no ano que lle queda de mandato.

Noticias web

11/04/2020